miércoles, 27 de noviembre de 2013

ACTIVIDAD 7 - HABLAMOS DE SOFTWARE Y HARDWARE

O software libre: refírese á liberdade dos usuarios e usuarias para executar, copiar, distribuír, estudar e modificar o software, e distribuílo modificado. É dicir, é unha cuestión de liberdade, e non de prezo.

Software de código aberto: Soe utilizarse esta expresión para referirse ao software libre, xa que o código fonte é accesible. Porén, pode haber diferenzas en canto as licenzas utilizadas para a súa distribución. As diferenzas entre software libre e de código aberto teñen máis que ver coa filosofía que coa práctica.


Software de dominio público: É o software que non está protexido por dereitos de autor e tódalas persoas teñen dereitos de uso, modificación (no caso de que estea dispoñible o código fonte) e distribución.


Ao non estar protexido por unha licenza copyleft, non cómpre que se distribúan as modificacións baixo a mesma licenza, e polo tanto pode suceder que as obras derivadas se convertan en software privativo.

Software privativo: O seu uso, redistribución ou modificación requiren dunha autorización, ou o código non está dispoñible.

Shareware: unha modalidade de distribución de software, na que o usuario pode evaluar de forma gratuita o producto, pero con limitacions no tempo de uso o nalgunhas das formas de uso o con restricciones nas capacidades finais.


Freeware: É un tipo de software que se distribúe sen custo algún para o seu uso. Soe ser software privativo e non soe ser posible acceder ao código fonte.



Software comercial: É aquel desenvolvido por un negocio que pretende obter un beneficio económico da súa utilización. Aínda que a maioría do software comercial é privativo, non son o mesmo, pois pode haber software libre comercial e software privativo non comercial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario